Nesta páxina facemos unha breve reseña dos libros de humor gráfico que foron saíndo publicados ao longo do tempo e que chegaron ao noso coñecemento. Á parte dos aquí mencionados, pódense consultar as publicacións do Museo do Humor de Fene picando aquí ou no logo que aparece á dereita.
Título: Aproximación á esquiva figura de Celestino Carballeira Autor: Juan López Rico Editorial: Galaxia Ano de publicación: 2022 O xornalista e humorista gráfico que asina como López, invita neste libro a todos os seus lectores a mergullarse na biografía de Celestino, un empresario corrupto por medio de máis dunha centena de cadriños. |
Título: A Silveira Autor: Kiko da Silva Editorial: Retranca Editora Ano de publicación: 2021 Recompilación de cadriños de Kiko da Silva publicados no xornal El Correo Gallego na súa sección A Silveira. |
Título: Carrabouxos escollidos Autor: Xosé Lois Editorial: Teófilo Edicións Ano de publicación: 2021 Escolma de cadriños de O Carrabouxo, sen orde cronolóxica nin temática, escollidos a esgalla entre todos as que participaron na exposiciòn "Nadal de Carrabouxos" e mostrados nos escaparates dos comercios de Ourense en Nadal de 2019. |
Título: O Bichero (IX) Autor: Luís Davila Editorial:Autoeditado Ano de publicación: 2019 Véxase a referencia dos editados no 2014. | Título: O Bichero (X) Autor: Luís Davila Editorial:Autoeditado Ano de publicación: 2020 Véxase a referencia dos editados no 2014. |
Título: Manual de Escola 2 Autor: Xosé Tomás Editorial: AS-PG Ano de publicación: 2019 Segundo libro adicado a unha visión crítica, mais cargada de tenrura, do mundo do ensino. Con dous estupendos prólogos da autoría de Fabricio Caivano e Miguelanxo Prado. |
Título: X. Marín. Arte e compromiso no humor gráfico galego Autor: Félix Caballero Wangüemert Editorial: Galaxia Ano de publicación: 2018 Xaquín Marín é coñecido polo gran público como humorista gráfico, mais a súa biografía agocha moitas dimensións. Félix Caballero revisa, estuda e analiza neste libro a súa impresionante obra gráfica. A súa lectura fainos descubrir a un home que puxo o seu pincel e a súa mirada crítica ao servizo da causa galega e da defensa dos dereitos humanos. |
Título: O camiño á Constitución nas caricaturas de Siro Autoría: Siro López Lorenzo Editorial: Deputación de A Coruña Ano de publicación: 2018 Catálogo da mostra que, co mesmo título, recolle ilustracións con caricaturas de carácter político publicados no xornal La Voz de Galicia, concretamente na sección Imaxes da Transición. |
Título: Falemos de caricatura Autor: Siro López Lorenzo e Félix Caballero Editorial: Edicións Xerais de Galicia Ano de publicación: 2018 Esta obra está composta a partir dunha entrevista a Siro, caricaturista político galego por excelencia dos últimos cincuenta anos. Siro verte o seu saber práctico e teórico sobre o tema, abordando todos os aspectos esenciais desta arte dun xeito sinxelo, claro, directo e didáctico. A caricatura, da man dun dos seus mestres. |
Título: O Bichero (VIII) Autor: Luís Davila Editorial:Autoeditado Ano de publicación: 2018 Véxase a referencia dos editados no 2014. |
Título: Escolma do humorismo gráfico de Moncho Borrajo Autor: Moncho Borrajo Editorial: Areosa Ano de publicación: 2017 Tal e como dá a entender o título, trátase dunha selección de cadriños satíricos. Di textualmente o seu autor: "Estes que hoxe vos presento, son traballos feitos cheos de cariño e sempre pensando na miña terra e na nosa cultura, onde o humorismo sempre foi unha arma e unha medicina para a xente de Galicia" |
Título: Humor gráfico gallego actual Autor: Varios autores Editorial: Universidad de Alcalá / Instituto Quevedo del Humor Ano de publicación: 2017 Folleto da mostra Humor grafico gallego actual, que tivo lugar na sala Fabrica del Humor, en Alcalá de Henares entre o 15 de xuño e o 23 de xullo de 2017. Contén unha selección de cadriños de humoristas gráficos participantes na exposición homónima. Pódese visualizar picando na imaxe da cuberta. |
Título: Floreano Autor: Gogue Editorial: Edicións Xerais de Galicia Ano de publicación: 2017 Compendio de catrocentas tiras publicadas por Gogue en Faro de Vigo. Constitúe a primeira gran antoloxía dos personaxes creados polo xenial humorista do Grove. |
Título: Tonecho Autor: Xaquín Marín Editorial:Galaxia Ano de publicación: 2017 Tonecho é un personaxe creado por Xaquín Marín. Dende as páxinas da desaparecida revista Golfiño (2000-2004), Tonecho aparecía como unha voz cargada de retranca, inxenua, mais de profunda sabedoría, e moita crítica.Este libro recolle a colección completa de Tonechos. |
Título: O humor en cadriños Autor: Félix Caballero Wangüemert Editorial: Morgante Ano de publicación: 2017 Este libro ven sendo unha segunda parte de O humor en cadriños, editado no ano 2012. Agora é a quenda da xeración, que se incorporou á prensa galega na derradeira década do século XX: Pinto & Chinto, Santy Gutiérrez, Davila, Leandro, Kiko da Silva e Meixide. Entrevistados por Félix Caballero, estes autores reflexionan sobre a natureza do seu oficio e das dificultades do humor gráfico de prensa nos tempos de internet. As conversas acompáñanse dunha pequena mostra do traballo de cada un deles. |
Título: O Bichero (VII) Autor: Luís Davila Editorial:Autoeditado Ano de publicación: 2017 Véxase a referencia dos editados no 2014. |
Título: Manual de Escola Autor: Xosé Tomás Editorial: AS-PG Ano de publicación: 2016 Unha visión crítica, cargada ao mesmo tempo de tenrura, do mundo do ensino. Con dous estupendos prólogos da autoría de Francesco Tonucci e Xaquín Marín. |
Título: O Bichero (VI) Autor: Luís Davila Editorial:Autoeditado Ano de publicación: 2016 Véxase a referencia dos editados no 2014. | Título: O Bichero (V) Autor: Luís Davila Editorial:Autoeditado Ano de publicación: 2015 Véxase a referencia dos editados no 2014. |
Título: Thom Autor: Andrés Meixide Editorial:Reino de Cordelia Ano de publicación: 2014 Selección de 300 tiras humorísticas que naceron no suplemento infantil Golfiño -de La Voz de Galicia- e que continuaron a ser publicadas como unha "comic-strip" neste mesmo xornal. Thom é un granxeiro norteamericano que vén vivir a Galicia acompañado dun galo portugués, unha vaca tola e un porco chamado Cholo. Prólogo de Gallego & Rey. |
Título: Historias de Icía e Avoa Autor: Sabela Arias Castro Editorial: Eira Vella Ano de publicación: 2013 O libro recolle unha antoloxía dos centos de cadriños protagonizados por Icía e a súa Avoa, obra de Sabela Arias, e publicados desde o 2003 ata o momento actual en publicacións diversas, destacando sobre todo nas do grupo El Correo Gallego. |
Título: Humor Gráfico en Faro de Vigo. 90 años de sonrisas Autor: Ceferino de Blas Editorial: Faro de Vigo Ano de publicación: 2013 Ceferino de Blas realiza un percorrido pola tradición do humor gráfico na historia do xornal Faro de Vigo desde o 14 de xuño de 1923, data na que aparece este xénero nas súas páxinas, ata a actualidade (cunha paréntese que se prolongou desde o comezo da Guerra Civil até 1963). O libro inclúe unha selección de debuxos de 25 artistas, entre os que se poden citar a Carlos Maside, Castelao, Manuel Torres, Fernando Quesada, ou Gogue. |
Título: O humor en cadriños Autoría: Félix Caballero Wangüemert Editorial: Morgante Ano de publicación: 2012 O autor entrevista a cinco destacados humoristas gráficos: Siro, Xaquín Marín, Xosé Lois, Gogue e Pepe Carreiro. Cada entrevista supón unha reflexión sobre o humor gráfico, a súa función na prensa, o papel do humorista grafico ou a existencia ou non dun humor galego. O libro aparece ilustrado con creación realizadas polos humoristas mencionados. |
Título: Veña Carrabouxo! Autor: Xosé Lois Editorial: Deputación Provincial de Ourense Ano de publicación: 2008 Esta publicación recolle unha selección de cadriños de O Carrabouxo publicados no xornal La Región entre os anos 2001 e 2007 . |
Título: Sorrisos e boa colleita Coordinador: Xaquín Marín Editor: Sociedade Anónima Xestora do Banco de Terras de Galiza (BANTEGAL) Ano de publicación: 2008 Libro agasallo do BanTeGal para celebrar o primeiro ano de andaina do Banco de Terras de Galiza. Unha homenaxe de varios humoristas galegos aos homes e mulleres do agro, fonte de riqueza, de sabedoría e, como non, de humor. Pódese ler unha recensión e gozar dunha selección de cadriños na web culturagalega.org. |
Título: O lecer de Isolino Autor: Xaquín Marín Editorial: Edicións Embora Ano de publicación: 2008 Escolma de 200 cadriños do vello Isolino, que se publican diariamente no xornal La Voz de Galicia agrupados por temáticas. Pódese ler unha ampla recensión no blog Revolta da freixa. |
Título: Cen+cen pés Autor: Xaquín Marín Editorial: Edicións Embora Ano de publicación: 2007 Cen + cen pés é, en realidade, dous libros en un: a reedición do Cen pés que publicara Edicións do Castro en 1996 e un segundo volume inédito ata ese momento que consta de cen pés máis. Pódese atopar unha recensión ben completa no blog Revolta da freixa. |
Título: Xo! Ao racismo Autor: Varios autores Editorial: Xo! en colaboración con A Nosa Terra Ano de publicación: 2006 Antoloxía de humor gráfico de diversos autores, combinada con banda deseñada, textos humorísticos e ilustracións. A idea para a xestación desta publicación xurdiu durante a celebración da Bienal de Humor de La Habana. |
Título: Humor Cru Autor: Varios autores Editorial: Museo do Humor de Fene Ano de publicación: 2003 Humor Crú” foi o título dunha mostra de cadriños sobre a marea negra que abriu o Museo do Humor de Fene no mes de xaneiro do ano 2003. A exposición recollía traballos de humoristas gráficos de todo o país que responderon a unha convocatoria feita polo museo e pola Plataforma contra a Burla Negra. O conxunto das viñetas foi publicado en formato CD multimedia. |
Título: 20 anos de Carrabouxo Autor: Xosé Lois Editorial: Deputación Provincial de Ourense Ano de publicación: 2002 Publicación que contén unha selección de cadriños de O Carrabouxo, en conmemoración dos seus vinte anos de existencia. |
Título: A uva acedohíbrida de Forxán ou do humor gráfico galego Autor: Alberto Pascual Carballo Editorial: Deputación Provincial de Ourense Ano de publicación: 2002 Textos sobre o humor gráfico galego, con ilustracións de Forxán |
Título: Humor gráfico de Xosé Lois na Transición Autor: Xosé Lois Editorial: Universidade de Vigo Ano de publicación: 2002 Páxinas e viñetas aparecidas na revista Ceibe (voceiro da ANPG). Edición conmemorativa do 20º aniversario do personaxe O Carrabouxo. Prólogo de Marcos Valcárcel. |
Título: El humor en la Transición. Cinco años con mucha guasa Autor: Julián Moreiro e Melquiades Prieto Editorial: EDAF Ano de publicación: 2001 Esta antoloxía comeza cun percorrido introdutorio polas publicacións que conformaron a "Idade de Ouro" do humor español e articúlase nunha serie de entradas temáticas que van desde o "espíritu de febreiro" e o "estatuto de autonomía" até "os progres" e "a movida". Ademais as páxinas conteñen, entre outros espazos, un "bestiario político" onde se caricaturiza a personaxes como Fraga, Suárez ou Carlos Arias, ou o apartado "Curas, obispos e cardenais", no que se satiriza a situación da Igrexa da época". Melquiades Prieto foi quen seleccionou para esta edición as mellores páxinas de "La Codorniz", "El Jueves", "Hermano Lobo", "El Papus" ou "Por Favor", entre outras. |
Título: Cousas da Vida no Faro de Vigo Autoría: Castelao Editorial: Consello da Cultura Galega / Fundación Castelao Ano de publicación:2001 Recompilación dos cadriños publicados por Castelao no Faro de Vigo entre 1926 e 1933, en edición de Clodio González Pérez. |
Título: Carrabouxos'90 Autoría: Xosé Lois Editorial: Deputación de Ourense Ano de publicación: 1996 Recompilación de cadriños de O Carrabouxo publicados nos xornais La Región. |
Título: Cen pés Autoría: Xaquín Marín Editorial: Edicións do Castro Ano de publicación:1996 Recompilación de cen cadriños de pés que esmagan persoas anónimas. Metáforas visuais dunha realidade na que hai oprimidos e opresores, tomando como base feitos da vida cotiá. Mencionar tamén que foi un libro levado á censura dúas veces e, segundo o seu autor nunha entrevista publicada en Vieiros, dixeran que era"No recomendable en su totalidad". En resumo, cen versións dun pé que representa sempre o poder esmagador. |
Título: Vistos para sentencia Autoría: Varios autores Editorial: Xunta de Galicia Ano de publicación: 1993 Antoloxía de debuxos humorísticos nas súas diferentes modalidades (cadriños, caricaturas e tiras de banda deseñada) e de diferentes autor@s, publicadas na prensa de Galiza. |
Título: Garabulliño e a escola elástica Autoría: Andrade Editorial: Nova Escola Galega Ano de publicación:1992 Ampla escolma de cadriños e tiras de humor do personaxe O Garabulliño, publicadas no suplemento "Na Escola" do xornal La Región, con prólogo de Francesco Tonucci. Se desexas conseguir un exemplar en pdf, clica sobre a cuberta. |
Título: Carrabouxos á esgalla (2) Autoría: Xosé Lois Editorial: Deputación Provincial de Ourense Ano de publicación:1992 Escolma de cadriños de O Carrabouxo publicados en La Región e Atlántico Diario. |
Título: Carrabouxos á esgalla (1) Autoría: Xosé Lois Editorial: Deputación Provincial de Ourense Ano de publicación:1991 Escolma de cadriños de O Carrabouxo publicados en La Región e Atlántico Diario. |
Título: Como debuxar caricaturas Autoría: Siro López Lorenzo Editorial: Xunta de Galicia Ano de publicación:1991 Pequeno libro divulgativo no que se condensa a experiencia do seu autor no campo da caricatura. Oferece as bases para que calquera afeccionado poida ter as nocións que lle permitan iniciarse nesta arte. |
Título: Animaliños Autor: Moncho Borrajo Editorial: Ir Indo Edicións Ano de publicación:1988 Colección: A Papuxa Colección de cadriños humorísticos da autorí Moncho Borrajo. |
Título: 400 Carrabouxos máis Autor: Xosé Lois Editorial: Deputación Provincial de Ourense Ano de publicación:1988 Nova recompilación de cadriños protagonizados polo Carrabouxo, personaxe que comenta a actualidade no xornal La Región. |
Título: Sabeliña Autor: Xosé Lois Editorial: A Nosa Terra Ano de publicación:1987 Libro que recompila as tiras da Sabeliña, publicadas no semanario A Nosa Terra entre os anos 1979 e 1983. |
Título: Dos pés á testa Autor: Xaquín Marín Editorial: Galaxia Ano de publicación:1986 Escolma antolóxica de diversos traballos de Xaquín Marín, desde as súas primeiras páxinas até obras protagonizadas por personaxes seus como Gaspariño, O pé, ou Historias de esmagados. |
Título: Ano e pico de Carrabouxos Autoría: Xosé Lois Editorial: Deputación de Ourense Ano de publicación:1985 Antoloxía humorística do autor Xosé Lois, onde se recollían cadriños protagonizadas polo personaxe O Carrabouxo entre os anos 1982 e 1983. |
Título: Dibuxos de Humor Autoría: Siro e Xaquín Marín Editorial: Ano de publicación:1983 Catálogo da mostra de debuxos de humor que realizaron Siro e Xaquín Marín en Ferrol. Entre os textos que se publican, destaca o que leva por título "En defensa do humor", asinado polos autores dos debuxos que se mostran na exposición. |
Título: Vidales tomé Autoría: Clodio González Pérez (edición) Editorial: Ediciós do Castro Serie: Os nosos humoristas Número: 2 Ano de publicación:1982 Escolma de cadriños de humor gráfico realizados por Vidales Tomé, con texto introdutorio de Clodio González Pérez. |
Título: Castelao Autoría: Clodio González Pérez (edición) Editorial: Ediciós do Castro Serie: Os nosos humoristas Número: 1 Ano de publicación:1982 Escolma de cadriños de humor gráfico realizados por Castelao, con texto introdutorio de Clodio González Pérez. |
Título: Humor á rapañota Autoría: Fernando Quesada Editorial: Galaxia Ano de publicación:1981 Antoloxía de cadriños de Fernando Quesada. |
Título: Xente á esgalla Autor: Fernando Quesada Editorial: ? Ano de publicación:1981 Antoloxía de cadriños de Fernando Quesada, con prólogo de Gonzalo Torrente Ballester e presentación na contracapa de Eliseo Alonso. |
Título: Alcacén para gaitas Autor: Xaquín Marín Editorial: Ediciós do Castro Ano de publicación:1980 Recompilación da máis significativa produción humorística de Xaquín Marín dos anos anteriores. Son debuxos que plasman todos os problemas que Galicia padece cronicamente. |
Título: Homes e Mulleres Autor: Siro López Lorenzo Editorial: Club Baloncesto O.A.R. Ano de publicación:1980 Carpeta de laminas con debuxos de humor que presentan diferentes tipos humanos. No limiar, escrito por Xosé Chao Rego, aparece escrito o que citamos textualmente: "E veleiquí a Siro, de novo, facendo humor. [...] Que é tanto coma porse a facer de menciñeiro pra sandar as feridas dun pobo e disporse a loitar contra ese mal colectivo da inxusticia estrutural que deixa a un pobo frustrado e con sentimento de inferioridade. [...] Os 'Homes e Mulleres? aquí presentes representan un pobo e no fondo da súa mensaxe latexa o antagonismo das clases sociais, os dibuxos convocan a unha decisión moral, a unha opción humana." |
Título: Gaspariño Autor: Xaquín Marín Editorial: Edicións do Rueiro Ano de publicación:1978 Compilación das tiras deste personaxe, agudo observador da realidade galega creado por Xaquín Marín nos primeiros anos da democracia. Fina ironía, aparente inxenuidade e aceda ternura. |
Título: Os pecados capitales Autor: Siro López Lorenzo Editorial: Galaxia Ano de publicación:1977 Carpeta de sete láminas, representando cada unha un pecado capital. Conta cun prólogo de Domingo García-Sabell e un epílogo de Andrés Torres Queiruga. Foi feita unha reedición de 100 exemplares no ano 2017. |
Título: Probes Homes Autor: Siro López Lorenzo Editorial: Galaxia Ano de publicación:1975 Recompilación de cadriños de Siro. Conta cun prólogo de Ramón Piñeiro. |
Título: Cousas da Terra Autor: Fernando Quesada Editorial: La Región Ano de publicación:1975 Antoloxía de cadriños de Fernando Quesada, realizada co patrocinio da Caja de Ahorros de Santiago. |
Título: Humor 1971 Autor: Siro López Lorenzo Editorial: Autoeditado Ano de publicación:1972 Recompilación de cadriños de debuxos humorísticos (tanto cadriños de humor coma caricaturas) realizados por Siro entre os anos 1969 e 1971. Conta cun prólogo de Ramón Piñeiro. |
Título: Cousas de nenos Autor: Castelao Editorial: Edicións Castrelos Ano de publicación:1976 Colección: O Moucho, nº 52 Recompilación de cadriños de debuxos humorísticos realizados por Castelao, tendo como motivo reflexións sobre o mundo, visto desde o punto de vista de nenos e nenas. Este libro tivo edicións posteriores publicadas pola editorial Galaxia. |
Título: Cincuenta homes por dez reás Autor: Castelao Editorial: Editorial Galaxia Ano de publicación:1969 Colección de 50 láminas de Castelao, nas que describe tipos humanos con intención satírica. |
Título: Cousas da Vida Autor: Castelao Editorial: Galaxia Ano de publicación:1968 Serie de cinco libros que recompilan os cadriños de Castelao publicados nos xornais das décadas de 1920 e 1930. Recompilacións destes cadriños xa se tiñan publicado nos anos 1926 e 1934 e habería tamén edicións posteriores (1978, 1981, 1989, 1999, 2000,...) | ![]() | |