"Fiquem tranquilos os poderosos que têm medo de nós: nenhum humorista atira a matar."
Millôr, humorista brasileiro.


"O humor é verlle a trampa a todo."
Miguel Mihura

"Cando o Deus riu por primeira vez, apareceu a luz. Riu por segunda vez, e da auga xurdiu a Terra. Cando quixo rir por terceira vez, apareceu a intelixencia [...]
Cando riu por sétima vez, naceu a alma".
Cosmogonía de Leiden, papiro exipcio do s. III

Estudos e escritos

  UN SOPORTE GRÁFICO ORIXINAL PARA O HUMOR GRÁFICO

Estudo sobre o Globo de Betanzos, visto como un soporte para comunicar humor gráfico. O humor e a diversión son estados de ánimo ligados ás festas e espectáculos, ao que contribuíron os lanzamentos de globos de papel que acompañaron durante décadas estas celebracións. O Globo de Betanzos conserva a súa calidade de gran espectáculo en canto ao seu tamaño, aos seus materiais e á forma de lanzamento. En canto ao humor, exprésase por medio de humor gráfico.

O texto completo pode ser baixado desde Dialnet: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=7569254

Este estudo mereceu unha recensión no xornal "La Opinión" de A Coruña que se pode ler no seguinte enlace: Estos chistes se pillan al vuelo.

 

 

PREGÓN PARA AS FESTAS DE SAN PANTAIÓN DAS VIÑAS (PADERNE) DO ANO 1993

 
Publicado no Programa de Festas de San Pantaleón das Viñas do ano 1994, pódese ler o texto completo picando neste enlace.

 

 

INVITACIÓN A UNHA OBSERVACIÓN DEMORADA, DELEITANTE E ENRIQUECEDORA DE BETANZOS

Clica na imaxe para vela ampliada
Artigo publicado no diario El Ideal Gallego, no que se invita aos betanceiros a observar a súa cidade con curiosidade inquisitiva, como se cada día a enxergasen por vez primeira, nun afán de lograr unha comunicación máis íntima e enriquecedora co lugar que habitamos.

 
 
AS GALERÍAS SIMPLES
a
Clica na imaxe para vela ampliada
Artigo publicado no diario El Ideal Gallego que contén unha pequena análise da forma máis simple de galería acristalada.


BREVES NOTAS SOBRE A ESTÉTICA DA GALERÍA
a
Clica na imaxe para vela ampliada
Artigo publicado no diario El Ideal Gallego que resume o pequeno estudo  aparecido no Anuario Brigantino 1982, aínda que neste caso o texto non foi acompañado dos debuxos que nel se mencionan.




PREGÓN PARA OS XOGOS FLORAIS INFANTÍS DE BETANZOS DO ANO 1978

 

Publicado no Programa de Festas de Betanzos do ano 1979, pódese ler o texto completo picando neste enlace.

 

Ningún comentario: