"Fiquem tranquilos os poderosos que têm medo de nós: nenhum humorista atira a matar."
Millôr, humorista brasileiro.


"O humor é verlle a trampa a todo."
Miguel Mihura

"Cando o Deus riu por primeira vez, apareceu a luz. Riu por segunda vez, e da auga xurdiu a Terra. Cando quixo rir por terceira vez, apareceu a intelixencia [...]
Cando riu por sétima vez, naceu a alma".
Cosmogonía de Leiden, papiro exipcio do s. III
Amosando publicacións coa etiqueta Publicacións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Publicacións. Amosar todas as publicacións

21 de setembro de 2026

Sae do prelo o libro "E TI... DE QUE TE RIS?"

 
 
Aínda quentiño coma o pan, sae do forno de Medulia Editorial o libro titulado "E ti... de que te ris?" e que, como non podía ser doutro modo, leva por subtítulo esa expresión que é o noso referente: Pingas de Humor Crítico.
Nunha moi coidada edición, preséntase unha escollida selección tanto de cadriños de humor gráfico como de caricaturas da nosa autoría e que foi saíndo publicada ao longo dos anos en moi diversos medios.
Dun xeito moi especial, queremos destacar que esta antoloxía de debuxos humorísticos aparece precedida dun texto introdutorio que reflexiona sobre diversos aspectos da expresión gráfica do humor, xustificando dese modo o tipo de humor gráfico que a continuación seguramente gozará o/a lector/a. Así presentadas, a introdución e as viñetas compleméntanse e interaccionan mutuamente, interpelando ao mesmo tempo a quen as le, e converten o conxunto do libro nun verdadeiro ensaio sobre o debuxo de humor.