"Fiquem tranquilos os poderosos que têm medo de nós: nenhum humorista atira a matar."
Millôr, humorista brasileiro.


"O humor é verlle a trampa a todo."
Miguel Mihura

PODEDES ATOPAR NA NOSA SECCIÓN HUMOR HISTÓRICO OS NÚMEROS QUE A REVISTA DIXITAL O BOTAFUMEIRO EDITOU EN FORMATO PDF !!!

Humor Histórico


CAN SEN DONO

Can sen Dono nº 0
Cuberta do número 0

A revista de humor en galego Can Sen Dono naceu no ano 1983 e durou ata o 1991. Foi creada por puro amor ao humor dos seus colaboradores e co paso do tempo, conforme foron saíndo ao público novos números, foi coñecida entre as persoas da súa redacción como A revista inincuadernable. O- frecemos nesta páxina o seu número cero para o coñe- cemento, goce e desfrute dos amantes do humor galego que non tiveron o pracer de a coñecer e ler no seu momento. Pódese visualizar o número completo simplemente con clicar sobre a portada.

Tamén poderás ler a recensión que sobre esta publicación fixo no seu momento o diario El Pais, clicando aquí.

Unha pequena contextualización histórica desta publicación pode lerse no blog de Alfredo Pardo Qadriños, publicado en Praza Pública. Tamén na reportaxe de Félix Caballero Uns humoristas "bos e xenerosos" publicado en Sermos Galiza, ou no estudo Cen anos de humor gráfico en Galicia publicado tamén por Félix Caballero no xornal O Salto.

Unha información completísima sobre a revista, a súa traxectoria e os seus colaboradores pódese consultar na entrada Can sen Dono da Galipedia. E para aquelas persoas moi interesadas nas publicacións históricas de humor galego recomendamos a lectura do libro Humor gráfico galego. Da transición ao século XXI, de Alberto Pascual Carballo, publicado pola Editorial Ir Indo no ano 2009.




Botafumeiro nº 1
Cuberta do número 1
Botafumeiro nº 2
Cuberta do número 2
Cuberta do número 3
https://drive.google.com/file/d/1FD6ZcyxIOuTbUzzV01yhoWdBzbFfLa8e/view?usp=sharing
Cuberta do número 4 (V2-N1)
 
Cuberta do número 5 (V2-N1)
Foi unha publicación dixital que fixo a súa aparición aproximadamente no mes de outubro do ano 2014 e finalizou a súa vida dous anos despois. Contaba cun moi amplo espectro de colaboradores e alternaba textos con cadriños e banda deseñada, sempre desde unha óptica marcadamente satírica.

Á parte da súa presenza na rede, chegou a editar varios exemplares en formato pdf. Permitímonos o luxo de ofrecer  as cubertas de todos os números publicados nese formato para que, se pasades o traballo de picar riba de cada unha delas, poidades gozar aínda hoxe da lectura completa desas revistas.
 O Botafumeiro 
Esta cabeceira aínda conserva na actualidade un espazo na rede social facebook, ao que se pode acceder picando na ilustración: 









Ningún comentario: