O próximo luns, día 19 de outubro, terá lugar no edificio de O Vello Cárcere en Lugo o acto de presentación do libro E ti... de que te ris?, que nace a partir da mostra itinerante Pingas de humor crítico. Neste acto, que está programado para as 18:00 horas, tres membros de Nova Escola Galega acompañarán ao autor para reflexionar sobre algunhas cuestións relacionadas co humor gráfico e deixar un pouco debullado o contido do libro.
Ao finalizar a presentación, o público asistente terá ocasión de realizar unha visita guiada pola mostra "Pingas de humor crítico", que se pode visitar durante todo este mes de outubro nas celas de mulleres do segundo andar. Para ese mesmo día, en horario de mañá, ofrécense ademais visitas guiadas a grupos. Para máis información sobre estas visitas, picar aquí.

Ningún comentario:
Publicar un comentario